24 de enero de 2010
PARIMOS
- Festa Rachada inauguración Asociación
Foi en 2008 e seguimos ahí. Coa inauguración do blog queriamos lembrar e agradecer a todos aqueles que partiparon e animalos porque voltamos... Esta vez con moita máis música ao vivo... xa vos enteraredes cando pase o frío.
Seguiremos aumentando unha sección de histórico mentres seguimos a traballar nos nosos proxectos actuais que moi pronto poderás ver neste blog.
Os que asistiron a esta festa quedaron flipando coa irrupción na Zona Vella do noso Polvo Máxico.
A festa deu comezo cos seguintes obradoiros:
- Pintura na rúa. O STENCIL GALEGO
Os viandantes participaron de varias composicións feitas coa técnica stencil.
Ademáis fixemos varias composicións murais con acrílicos, carboncillos e outras formas tradicionais das artes plásticas. Contamos coa colaboración da excelente pintora galega María Meijide (http://mariameijide.com) afincada en Lisboa ata o ano que ven.
- Mesa de contrainformación
Diagonal (http://www.diagonalperiodico.net)
Durante un ano fomos os encargados desta publicación de asociacións independentes de organismos xornalísticos ou institucionais.
Nesta festa repartimos especiais e varios números deste xornal que nos quitaron das mans.
- Troco Máxico (ver entrada Troque)
Ao remate da festa os Djs de varios estilos (minimalism, techno, dubstep&broken/beats) racharon na Praza de Cervantes e fixeron bailar incluso a uns convidados moi especiais. Uns municipais que nos acompañaron todo o acto....
DJs: BTB DJs, , NOAIPRE dj/set, IAGO/C, CARTRIDGE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario