24 de enero de 2010

A Asociación Cultural O Polvo Maxico con sede en Santiago de Compostela, estrea blog!!!



Benvidos ao noso espacio na internet no que poderedes compartir contidos de interese para tódolos asociados e seguir as nosas actividades e inquietudes.

Levamos tempo sen dar guerra pero voltamos para seguir apostando polos novos creadores galegos, sobre todo no Xacobeo que nos imos tragar todos... je, je, je....

O Ano santo ven con moita estructura policial e moi pouca infraestructura cultural.
Onde quedaron eses grandes concertos e exposicións que nos abraiaban?

Todo nun pozo e non no Monte do Gozo!!! Imos a por eles polvinhos!!!!

PARIMOS



- Festa Rachada inauguración Asociación

Foi en 2008 e seguimos ahí. Coa inauguración do blog queriamos lembrar e agradecer a todos aqueles que partiparon e animalos porque voltamos... Esta vez con moita máis música ao vivo... xa vos enteraredes cando pase o frío.

Seguiremos aumentando unha sección de histórico mentres seguimos a traballar nos nosos proxectos actuais que moi pronto poderás ver neste blog.
Os que asistiron a esta festa quedaron flipando coa irrupción na Zona Vella do noso Polvo Máxico.

A festa deu comezo cos seguintes obradoiros:

- Pintura na rúa. O STENCIL GALEGO

Os viandantes participaron de varias composicións feitas coa técnica stencil.

Ademáis fixemos varias composicións murais con acrílicos, carboncillos e outras formas tradicionais das artes plásticas. Contamos coa colaboración da excelente pintora galega María Meijide (http://mariameijide.com) afincada en Lisboa ata o ano que ven.

- Mesa de contrainformación

Diagonal (http://www.diagonalperiodico.net)



Durante un ano fomos os encargados desta publicación de asociacións independentes de organismos xornalísticos ou institucionais.
Nesta festa repartimos especiais e varios números deste xornal que nos quitaron das mans.

- Troco Máxico (ver entrada Troque)

Ao remate da festa os Djs de varios estilos (minimalism, techno, dubstep&broken/beats) racharon na Praza de Cervantes e fixeron bailar incluso a uns convidados moi especiais. Uns municipais que nos acompañaron todo o acto....

DJs: BTB DJs, , NOAIPRE dj/set, IAGO/C, CARTRIDGE